PATRIMONIO E MÚSICA/

Os gozos de Nosa Señora: homenaxe á tradición musical do Santuario de Abades 

SÁBADO 14.03, 12.00 H

 

1003267_635051389839911_1855447791_n.jpg

O sábado 14 de marzo iremos de excursión matutina ao Santuario de Nosa Señora dos Desemparados de Abades para participar na presentación do número 9, da revista ADRA dos socios e socias do Museo do Pobo Galego.

Neste número da revista, publícase un artigo monográfico sobre o órgano de Abades, un instrumento de finais do século XVIII dunha gran valía desde o punto de vista histórico e musical e único no seu xénero en toda Galicia.

No acto de presentación, os autores do artículo, os investigadores Andres Díaz e Belén Bermejo, farán unha pequena visita guiada ao órgano e comentarán algúns datos acadados no decurso da investigación, levada a cabo no marco do proxecto de Catalogación dos órganos de Galicia.

Como complemento á xornada, membros do Grupo de Música Antiga 1500 interpretarán unha selección dos “Gozos da Virxe” das cantigas de Afonso X o Sabio, en conexión co que debeu ser a tradición musical deste Santuario. Da vida musical do templo fala de por sí a presenza dun magnífico órgano pero, está documentado ademáis, que a música era, nas celebracións que tiñan lugar nel, un elemento esencial, até o punto de que se ten noticia de que, nos días de festa, se contrataban cantores para interpretar os “gozos da nai de Deus”.

Estes Gozos son un conxunto de cantos devocionais, dedicados á Virxe e aos episodios máis destacados da súa vida, de fonda tradición litúrxica e musical na Península. Aparecen, por exemplo, en Gonzalo de Berceo (neste caso, na súa primeira forma de cinco gozos) e logo, xa musicados, nas Cantigas de Santa María e, na forma tradicional dos sete gozos, no Llivre vermell de Montserrat

O conxunto dos gozos das Cantigas, alí chamados Festas de Santa María, é tremendamente interesante. É un programa único no panorama europeo da música medieval, dentro, pola súa vez, dun conxunto tamén único como son as propias 427 cantigas. Incorpora un prólogo, a cantiga 410 que, usando as cinco iniciais do nome de María, introduce cinco feitos da súa vida que tradicionalmente se inclúen nos gozos: o nacemento de María, a anunciación e a visita do arcanxo Gabriel, a virxindade de María, o ofrecemento do seu fillo, Xesús, a Deus e a asunción da Virxe. Tras este prólogo, veñen 12 cantigas que narran ou glosan outros tantos feitos da vida da Virxe, incluídos estes cinco sinalados. Para o programa de hoxe o Grupo 1500 fixo unha pequena escolma dalgunhas das cantigas que se relacionan de xeito directo coa cantiga prólogo, que tamén se interpretará ao inicio do programa.

ENLACES DE INTERESE:

 

Data: sábado 14 de marzo.

Hora: 12.00 h

Lugar: Santuario de Nosa Señora dos desamparados de Abades, Silleda.

ENTRADA LIBRE, non é precisa inscrición previa

COMO CHEGAR

Captura_de_pantalla_2015-01-23_a_las_14.17.14.png

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos