O 7 de decembro ás 19.00 h, presentarase no Salón este proxecto arredor da descuberta do pergamiño Vindel, da literatura e da música das cantigas do trovador Martin Codax.
En decembro botan a andar as actividades deste novo espazo. Un punto de encontro para o debate, o intercambio de ideas, a creación, a presentación e difusión de proxectos.
Con motivo da presentación do último número da revista ADRA, dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, achegarémonos a este interesantísimo espazo do noso patrimonio histórico para coñecer a súa historia musical, visitar o seu órgano e escoitar ao Grupo de Música Antiga 1500. Será o sábado 14 de marzo, ás 12.00 h.
Coincidindo coa presentación da revista ADRA, o 14.03 en Abades, a asociación de Socios e Socias do Museo do Pobo Galego, organiza unha xeira para visitar diferentes elementos de interese na contorna. A saída será en autobús desde Santiago. Prazas limitadas. Non deixes de informarte no enderezo sociosmpg@gmail.com!
Obradoiros, presentacións, espazo expositivo, espazo para a lectura, faladoiros, actividades de divulgación científica, e moitos máis contidos conforman a nosa programación, non deixes de seguila!